Edición 2019
A asociación cultural Tres por Catro, en colaboración con Musicarte, puxo en marcha a edición do taller de técnica vocal e canto coral Rosario Orfebre Vocal, que tivo lugar os días 5 e 6 de outubro na Fundación Seoane da Coruña concedido pola concejalía de Cultura do Concello de A Coruña. Tamén contamos coa participación do grupo vocal EntrElas.
Nesta edición o taller foi destinado á aprendizaxe de como utilizar a voz para lograr imitar instrumentos musicais, tanto de afinación definida como indefinida. Desta vez a música cubana estivo moi presente xogando un papel importante ao longo do taller, cos seus ritmos e harmonías, sendo a elixida para poñer en práctica esta aprendizaxe da man de Héctor Crespo.
Moitos dos alumnos participaron activamente nas clases de canto e dirección coral, con bo aproveitamento, mostrando os seus progresos no concerto de fin de curso.
O público asistente ao concerto de clausura, puido gozar da musicalidad do Grupo Vocal EntrElas, composto por oito integrantes femininas, cun repertorio actual, arranxado pola súa directora específicamente para as súas voces , temas principalmente coñecidos por todos con moitísimo ritmo e swing.
O aproveitamento do curso e os resultados obtidos desde o noso punto de vista foron magníficos, en canto á resposta do alumnado e público en xeral. Para próximas edicións e segundo se vaia consolidando o curso, incrementando o seu coñecemento no mundo coral e musical, pasaríase a aumentar en tempo e espazo a comunicación do mesmo para contar cun maior número de alumnos e unha maior repercusión nos medios.
Visualiza o dossier de prensa e máis información AQUÍ.
Otros Proxectos
Rosario Orfebre Vocal 2019
Traxectoria
Edición 2015
Obxetivos
- Ver todos los Proxectos