.

Musicarte é unha axencia dedicada á representación de músicos e á xestión de proxectos culturais, que coida a calidade humana e artística dos profesionais cos que traballa. Musicarte fundouse en 2010 partindo do valor da amizade como semente da súa filosofía.  

Representación de músicos

MusicArte conta cunha ampla experiencia no sector, ofrecendo toda clase de servizos anexos á música. O noso obxectivo principal é colaborar cos artistas para definir e alcanzar os seus obxectivos, e do mesmo xeito, satisfacer as necesidades culturais e artísticas dos nosos clientes. MusicArte coida a calidade humana e artística dos profesionais cos que traballa.
  • Saber máis

Proxectos culturais

Dentro do noso compromiso co patrimonio artístico, histórico e cultural, MusicArte organiza distintas iniciativas e eventos, cuxo alicerce fundamental é sempre a música. Colabora con asociacións de diversidade funcional a través de música inclusiva e participativa, realiza SiSons Enclave Musical, Mujeres na Música Galega entre outros.

  • Saber máis

Clásica

Formatos camerísticos, quintetos de vento madeira metal, Orquestra de corda e solistas. En MusicArte apreciamos o valor desta música desde sempre. Nesta ocasión compartimos convosco aos nosos artistas para que poidas relaxarche e botar a voar a túa imaxinación.

  • Os nosos artistas

World Music

É coñecida como música universal ou global e trátase dun xénero musical contemporáneo que se creou para integrar nun só concepto toda a música convencional, tradicional, étnica e outros xéneros propios dalgunhas zonas ou culturas do mundo ás que resulta difícil asignar unha categoría específica.

  • Os nosos artistas
World music

Infantil

Representacións artísticas para pequenos e non tan pequenos, principalmente de carácter didáctico, para gozar cos nosos artistas que interpretan contos, historias, lendas de sempre ou da súa invención, música e momentos máxicos.
Esperámosvos ….

  • Os nosos artistas

Eventos

There are no upcoming events at this time.

+ Ver máis eventos