M.I.P 2018
M.I.P 2018

O pasado xoves 28 de novembro ás 20:00h o auditorio do centro Ágora da Coruña acolleu o concerto MIP (Músicas inclusivas e participativas) que nace da  Asociación Cultural Tres por Cuatro co músico, compositor e Técnico Sociosanitario coruñés, Robert Pier.

No devandito proxecto colaboraron sete entidades sociais e catro grupos corais da Coruña, os cales unificaron as súas capacidades para dar concertos e publicar xunto coa banda municipal «o disco máis inclusivo da historia» do que se tocarán temas neste recital.
Este concerto con entrada gratuíta forma parte do Festi=, Festival de Artes pola Inclusión Cultural que celebra a súa terceira edición na Coruña cun programa de actos durante todo o mes de novembro co que se busca achegar a cultura sen barreiras a toda a cidadanía.

Otros Proxectos

  • Ver todos los Proxectos