Mulleres na música: María Luísa Nache
Mulleres na música : María Luísa Nache
Mulleres na música: María Luísa Nache

A “Asociación Cultural Tres por Cuatro” representada por José Francisco Saavedra, acaba de dedicar dentro do ciclo “ As mulleres na música galega” un espazo á figura da coruñesa María Luísa Nache, unha muller que creou o seu propio espazo nun tempo e un ambiente en que a música era cuestión de homes.

Sinalada pola prensa da súa época como unha das mellores soprano da música galega,
María Luísa Nache foi internacionalmente recoñecida polo seu talento e a súa contribución á música clásica.

O acontecemento tivo lugar o 15 de novembro do 2024 no Museo de Belas Artes da Coruña. Nel,  musicóloga María del Carmen Lorenzo Vizcaíno,  lembrou a historia de Nache e falounos sobre a súa vida e obra dende os seus comezos na Escola de Canto de Bibiana Pérez, pasando polas súas actuacións no Teatro alla Scala de Milán e rematando pola súa retirada dos escenarios para coidar da súa nai.

O grupo vocal “EntrElas” fundado por Ileana Delgado Fuentes e dirixido por Ana Rifón Lastra, achegou a música viva, interpretando obras de Luisa Villalta, V.C Néstor Mozzoni e Jose Antonio Mendez. Tamén tivemos a maravillosa actuación da soprano Clara Jelihovschi que foi acompañada ao piano por Rupert Twine.

Agradecementos especialmente ao Museo de Belas Artes, ao Concello da Coruña e á Deputación da Coruña pola súa colaboración e apoio, que permitiron que este evento fora posible e que podamos seguir destacando as figuras musicais femininas da nosa terra. O ciclo continuará rescatando nomes de mulleres galegas que dedicaron a súa vida á música, e isto, sen dúbida, contribúe a poñer en valor e visibilizar as figuras clave da nosa cultura musical.

Memoria 2024

Mulleres na música : María Luísa Nache

 

Otros Proxectos

  • Ver todos los Proxectos