Mulleres na música galega (IV Edición)
Mulleres na música galega (IV Edición)

Mulleres na música galega. Mª do Pilar Couceiro.

Asociación cultural “Tres por Cuatro” (Asociación Cultural Tres Por Cuatro) cuxos fins-entre outros- son desenvolver a formación, a difusión e a interpretación da música, en colaboración con Musicarte; dedicou a “IV Edición de As Mulleres na Música Galega” á profesora, investigadora, escritora e compositora Mª do Pilar Couceiro que ofrececió unha charla-concerto no Museo de Belas Artes da Coruña. O tema tratou sobre a historia das mulleres na música profundando na vertente creativa e máis nas compositoras galegas.

Nesta IV edición ademais da homenaxeada (Mª do Pilar Couceiro), actuaron a clarinetista Marta Sancho Andrés e o EntrElas Grupo Vocal, interpretando obras da relatora como Quen Chama, Estrela que guías a Noite e Extramuros da cidade e doutras compositoras como July Murillo, Benvidos a esta Noite, Mili Porta, cunha persoal harmonización sobre o clásico de Montes, Lonxe dá Terriña; Ileana Delgado, Vos teus pasos de home e Ana Mª Navarrete Porta, Nai. Un impulso imprescindible.

Entre todos puidemos gozar dunha grata experiencia chea de coñecemento e músicalidade, con un público moi agarimoso e entusiasmado.

Tamén mencionamos que tivo lugar unha rolda de prensa en horario de mañán o día anterior ao evento a modo de presentación no Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo (12 decembro 2019), onde puidemos contar ca presencia do Ecmo. Sr. Alcalde, Don José Antonio Santiso Miramontes, que destacou a ascendencia dos Couceiro, mostrando o apoio a esta iniciativa de Mª del Pilar, descendente de veciños do Concello.

Otros Proxectos

  • Ver todos los Proxectos