MIP Ortegal – Música inclusiva & participativa
Músicas participativas e inclusivas nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro co músico, compositor e Técnico Sociosanitario, Robert Pier.
En 2016 presentaron «O poder curativo dos Mantras» terapia musical enfocada na diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos Mantras que o artista e terapeuta creou. Tras a gran acollida do proxecto, volven aos escenarios co alumnado de ASPROMOR, APADER Y APROM, xunto coa colaboración da Banda de Música da Vila de Cedeira, creando un espectáculo ecléctico no que se pode apreciar a excelencia, a beleza e a diversidade da música.
Repertorio: 1 Suite de 4 pezas/ Mantras* e a canción «Diversos funcionais» que Robert Pier e Simón García crearon con moito mimo e sentir inclusivo.
Otros Proxectos
MIP 2023
M.I.P Mantras das Emocións 2021
Video resumen total M.I.P. 2020
Acto de clausura M.I.P. 2020
- Ver todos los Proxectos