Edición 2018
Edición 2018

No 2018 celebramos a terceira edición do Sea Sons Festival introducindo unha nova idea. Unha Feira de Profesionais do Sector Musical, un espazo creado para coñecer as  diferentes propostas musicais de Galicia. Un encontro aberto e claro entre profesionais do sector e programadores dos diferentes Concellos. A idea xorde da necesidade de crear unha rede de apoio no terceiro sector, buscar solucións. Establecer unha verdadeira rede de contactos para dar saída a unha gran parte de propostas musicais, apoiar sen dúbida o talento local.

A Xornada tivo lugar no auditorio da Domus na cidade de Coruña durante os días 4 e 5 de outubro. Participaron diferentes proxectos e asociacións que deron apoio á feira, relatorios como a de Clubtura e Agem que entre outros temas falaron da Nova lei de espectáculos, das consideracións fiscais ás que se enfronta actualmente un artista, un debate aberto onde participaron diferentes persoas que asistiron á feira. Doutra banda, expuxéronse proxectos novos, todos eles das xornadas de formación da Fundación Paideia. Xente nova que aposta por novos espazos e estratexias que van máis aló dun festival.
Un dos proxectos presentados foi o de Turismo Musical presentado por Carlos Regueiro cunha reportaxe moi ben explicada no periódico ideal galego.

Outro dos proxectos que tivo moi boa acollida foi o de Aarón Blanco con “Son Coruña” un espazo para celebrar a música e potenciar o talento local, sen dúbida proxectos que axudan e apoian o sector musical en Galicia.

Tamén se presentaron cooperativas como Urdime con novas propostas musicais que levan percorrendo toda a comarca e o territorio galego.

Fixemos un gran esforzo por reunir a profesionais do sector con programadores dos diferentes Concellos de Galicia, polo que pensamos traballar máis este concepto nas seguintes edicións , é sumamente necesario establecer unha feira profesional de música na Coruña, polo que nos moveremos nesta area con moita máis dedicación.

Enlace de descarga .pdf que contén a memoria do Sea Sons Festival 2018. Prema aquí para visualiza-la completa.



Otros Proxectos

  • Ver todos los Proxectos