Veneranda Dies Ensemble e un grupo especializado en Música Antiga/Medieval creado en Toledo no ano 2005 polo multi-instrumentista Fernando Mosquera.
En 2020 presenta o seu novo traballo discográfico, “Os Trobadores do Rei”, xusto cando cumpre o seu 150 Aniversario. Por iso trátase dun álbum moi significativo na súa carreira, que se presentará cunha xira moi especial e que contará coas colaboracións de varios artistas de recoñecido prestixio internacional. “Os Trobadores do Rei” é froito dunha investigación de máis dous anos de
Fernando Mosquera, que estudou in situ, na rexión do Languedoc, a música realizada por trobadores occitanos durante a Cruzada contra os Albiguenses (cátaros) a principios do século XIII. Para iso, o álbum e os concertos desenvólvense como unha viaxe dun grupo de trobadores que, obrigados polas circunstancias da Cruzada, deciden fuxir desde Carcassonne até o Reino de León utilizando o Camiño de Santiago.
Nos concertos, ·Veneranda Dies Ensemble· desenvolve toda a súa sabedoría musical interpretando o repertorio empregando as técnicas e instrumentos réplica da Idade Media.
É un grupo que trata de ser fiel reflexo do espírito trobador conseguindo un crisol de culturas co que dar exemplo de harmonía: non en balde este Ensemble está formado por músicos procedentes de España, Sudán, Siria e Israel.
Conoce más sobre este artista
Otros Artistas