Tempo Catro
Tempo Catro

Tempo catro nace como seminario de traballo no ano 2008 para profundizar no tango instrumental contemporáneo de Astor Piazzolla. Está constituido por catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística, con intereses de afondar na renovación estética tangueira das formacións instrumentais de Piazzola da década dos 70.
A fusión de estilos é o rasgo distintivo desta música, quedando de manifesto nas formas clásicas como os preludios, as fugas e as suites, entre outras, que evolucionan a través de contrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas, contrastadas con románticas melodías e efectos sonoros característicos doutros estilos.
Esta ecléctica mestura de elementos, aparentemente opostos, xeran un equilibro musical que se traduce na conxunción sonora que Piazzolla denominou como Novo Tango.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Página Web

Otros músicos