Rosa Cedrón
Rosa Cedrón

Rosa Cedrón é unha cantante e violonchelista galega natural de Monforte de Lemos (Lugo). Salta á primeira liña da escena musical estatal a raíz de formar parte do grupo Luar na Lubre, formación coa que chega a colaborar con artistas de gran talle. A partir do ano 2005 dedícase á súa carreira en solitario e publica o seu primeiro disco, Entre dous mares, en 2007.

Gravado na Casa de Tolos co selo inconfundible de Sergio Moure de Oteyza e a técnica de Segundo Grandío, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada dos seus xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, bríndanos o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tempestades á serenidade do albor que fortalece, aliviando feridas pasadas e sandando as presentes. Nómade é un caderno de bitácora que describe as luces e sombras percorridas nunha travesía cara ao máis profundo da identidade propia. Chega en dous formatos: Nómade Dúo e Nómade Trío.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Youtube
Spotify
Página Web

Otros músicos