Músico nado na Coruña que comeza a súa andaina xa a moi temperá idade, compoñendo os seus primeiros temas en bandas de diferentes estilos como pop, rock ou reggae. A súa curiosidade pola diversidade de estilos e polas músicas de raíz, achégano sobre todo á guitarra flamenca e ao jazz manouche, estilos polos que sente gran predilección e que acaban sendo xunto coa rumba, as súas grandes influencias á hora de abordar as súas composicións.
Unha vez moldeado o seu propio concepto musical, crea “Robert y los muchachicha», un sexteto para os escenarios máis grandes e un trío paralelo para os máis pequenos, formato co que finalmente queda e co que edita «Es lo que siento, soy lo que soy» baixo o nome de “Robert Pier Trío”, un LP gravado en vivo obtendo unha boa acollida polos seus seguidores.
O devandito trío composto por Manu Clavijo ao violín e Carlos Argibay á percusión, serán os seus compañeiros de andanzas compartindo bastantes alegrías, percorrendo diversos puntos da xeografía nacional durante 2011 e 2012.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos