Pepe Pina
Pepe Pina

Pepe Piña comeza en solitario tocando en pubs en Santiago. Posteriormente funda “Semen Up” con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López, Jorge del Rio e Quique Magán. Máis tarde, en Lugo, reflota o grupo «O Carro», engadindo cancións propias ao mesmo.
Na Coruña forma “Cosecha Roja” con Gonzalo Prego, Gonzalo Piña e Lezo Regueira, baseado totalmente en temas propios.
En 2010 funda o grupo “Clave de Fado” con Iria Estévez e Gonzalo Piña, percorrendo Galicia, León e Portugal facendo cancións propias, fados e canción galega con gran éxito. En 2014 publica disco coa devandita formación con varios temas propios e no que participan entre outros Uxía, Sapoconcho, Isaac Garabatos e Paco Dicenta.
Voz e percusionista na actualidade do grupo de jazz “Taninos Maduros Jazz Band”.
Publicou disco en setembro de 2015: “Con el paso cambiado”, con temas propios en música e letras.
Con esta volta aos inicios en solitario, nos directos mestura os seus temas propios de influencias moi variadas, da Bossa ao Blues pasando polos Fados, o Pop e a canción de autor; con algunha versión de temas coñecidos por todos co ánimo de facer un concerto dinámico e variado.

Conoce más sobre este artista

Instagram
Youtube
Página Web

Otros músicos