“Os Piñeiros” son un grupo de pop-rock coruñés fundado por Diego Piñeiro, voz e guitarra, cunha longa traxectoria na escena musical galega desde o ano 2001.
Pasando por orquestras da verbena galega e fundador de “Los Frikipaldis” (grupo tributo a Fito y Fitipaldis) e diferentes proxectos que non pasaron indiferentes, como dous discos en solitario: “Preparado para malvivir felizmente del rock” (2014), “Entre Katanga e Mariñeiros” (2017) e “La música no caduca” (2018).
No repertorio de “Os Piñeiros” podemos atopar pop-rock estatal das décadas dos 80, 90, 2000… Así como grandes rumbas dos últimos 40 anos.
Ao longo destes 10 anos teñen rexistradas actuacións no Festival da Luz, cunha acollida impresionante, o Morriña Fest, o Sil Fest, verbenas en festas patronais por toda Galicia, diferentes aparicións na TVG…
Nestes últimos anos colaboraron con grandes artistas galegos como son Javi Maneiro, Lucía Pérez, Juan de Dios Martín ou Daniel Griffin de Fito y Fitipaldis, Alberto Cereijo…
Conoce más sobre este artista
Otros músicos