Músicas y Silencios
Músicas y Silencios

O proxecto titúlase “Músicas e Silencios”.

Músicas: fai referencia a todas aquelas mulleres que dedicaron a súa vida e os seus pensamentos á música.

Silencios: porque son practicamente descoñecidas, foron silenciadas. Están ausentes dos libros de Historia da Música, a pesar do éxito que acadasen en vida.

Músicas e Silencios pretende realizar unha proposta orixinal que acolle varias reivindicacións históricas. Por unha banda, a presentación dun instrumento como o contrabaixo, moi pouco utilizado como solista e en música de cámara con piano en concertos e cuxo repertorio se cre moi limitado, e por outra superar a exclusión das mulleres do repertorio de obras para contrabaixo e piano.

A desigualdade de xénero está presente na Historia da Música, sobre todo no eido da composición, e na interpretación dalgúns instrumentos vetados ás mulleres. Ata o punto de que hoxe en día, esta desigualdade aínda a observamos nas orquestras, nos conservatorios e nas programacións dos teatros.

Historicamente, os intérpretes de contrabaixo foron predominantemente homes, así como o desenvolvemento da maioría das técnicas e o repertorio para o instrumento.

Actualmente, non atopamos moitos concertos de contrabaixo que inclúan repertorio composto por mulleres. O que pode contribuír á idea de que non hai obras de compositoras para o instrumento ou que non son o suficientemente boas para seren interpretadas.

En resumo, este proxecto trata de reivindicar o papel das mulleres ao longo da historia, como foron invisibilizadas, marxinadas e esquecidas polo canon musical dominante. Recuperar e difundir as súas obras, as súas biografías, o seu legado á arte e á cultura, así como sensibilizar o público sobre a importancia da igualdade de xénero no eido musical.

Conoce más sobre este artista

Youtube
Página Web

Otros Artistas