Mezcla de Sabores
Mezcla de Sabores

Mezcla de Sabores é unha obra musical que viaxa a través de boleros, a salsa e a rumba.

Un espectáculo de 75 minutos para todos os públicos en rigoroso directo protagonizado por tres músicos con grandes traxectorias artísticas como son o guitarrista Juan Araque, o cantante e compositor Ismael González e o percusionista Alvin Bruno.

Nesta viaxe musical e cultural, os artistas transforman e interpretan as cancións hispano-latinas máis populares de todos os tempos en boleros, bachatas, salsa, pop/flamenco e rumbas, onde a sensibilidade e a maxia son as principais protagonistas e fan que todos os asistentes formen parte desta experiencia musical que sen dúbida lles fará cantar, bailar e emocionarse.

Conoce más sobre este artista

Otros músicos