Maraya Zydeco
Maraya Zydeco

Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que traballan o xénero do Zydeco, Cajun, etc… Segue a provocar gran espectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está lóxicamente moi vinculado ao tradicional. A asturiana María Álvarez, afincada en Galicia dende máis dunha década, adaptou a súa técnica virtuosa de acordeón clásico a un bo blues, rock’n roll ou calquera son zydeco ou cajun. O traballo coa pilastra esencial desta banda, o compositor, cantante e guitarrista de Pensilvania Lee Wolfe (máis de dúas decenas de gravacións e mestres no escenario da talla de Sidney J. Wingfield, Ernie Hawkings ou Philadelphia Jerry Ricks) permite a concreción dun estilo que se viña xestando en anteriores gravacións, como en “Woody Guthrie Revisited” (2009 Quadrant).

Precisamente Manuel de la Fuente, na súa columna do xornal ABC, refiriuse a esta gravación:
“Con este Woody Guthrie revisited, Lee Wolfe ha conseguido un pleno al 15, al 16 mejor, que dieciséis son las canciones que en este álbum recrea. Lo hace, además, no sólo desde el conocimiento y la interiorización del mensaje del maestro, sino desde la originalidad. Varias de las versiones están interpretadas en clave zydeco, con un acordeón que de forma endiablada toca María Álvarez, como si se hubiese criado en las mismísimas marismas de Luisiana”

O ano 2018 marca un hito na historia desta formación, que se concreta nun trío onde o acordeón realiza a liña de baixo e o multiinstrumentista e batería galego Pulpiño Viascón (Os Diplomáticos de Monte Alto, Bonovo, Galegoz, O Jarbanzo Negro, Os Verjalhudos) pasa a resolver maxistralmente a diversidade rítmica do delta do Mississippi, aportando a súa dilatada experiencia como batería nesta diversidade de bandas.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Spotify
Otros enlaces

Otros músicos