Lulavai
Lulavai

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto feminino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní.
No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar cun son moi persoal, temas tradicionais galegos e de composición propia. Desde entón levan percorrido multitude de escenarios, desde Galicia ata o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Youtube

Otros músicos