Son un coro de cámara que interpreta música antigua, medieval e, principalmente, renacentista, aínda que sen renunciar ao reto do que disfrutan coma se fose un xogo: o de entrelazar a formación de coro de música antiga coa de interpretar composicións do século XXI, cuxa tinta, ás veces, aínda non secou. Todo isto sen perder a base da nosa identidade, surxida do propio nome do coro: diversión e xogo cos sons.
O que mellor define o carácter do Coro Ludus Tonalis é o seu interés por xogar e divertirse sempre coa música. Fan unha posta en escea que vais máis aló dun mero concerto musical, xa que son concertos nos que entablan unha certa complicidade co público facendo un concerto participativo e divulgativo no que sempre o público remata pedindo máis. Da man do seu director, Rupert Twine, presentan un concerto no que todos poderán disfrutar da musica coral.
Ensaian na Coruña dende hai 15 anos e na súa traxectoria teñen acadado varios premios de interpretación e composición coral con actuacións dentro e fora da nosa comunidade.
Conoce más sobre este artista
Otros Artistas