Lingua Guapa
Lingua Guapa

IMOS CAMBIAR O MUNDO é un espectáculo músico-teatral dirixido á infancia, inspirado no libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, con textos e adaptación de Fina Casalderrey e música de Néstor Blanco, cuxo disco quedou finalista nos Premios Martín Códax da Música (2020). Trátase dun proxecto multidisciplinar con posta en escena e dirección coreográfica a cargo de Manuel Albariñas e Mara Iglesias.

A literatura, a música, a danza e a dramatización danse cita nesta obra, que destaca polas súas claras mensaxes en favor da lectura, da igualdade de xénero, da fala galega, da amizade, da tolerancia, do respecto ao medio, da forza da palabra, da xustiza social…

Un relato, narrado a viva voz pola propia autora (Fina Casalderrey), é o fío condutor que vai facendo agromar os diálogos, a posta en escena, a danza e as cancións, nunha sorte de “zarzuela” adaptada ao público infantil.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Youtube
Spotify

Otros Artistas