Lenda Ártabra
Lenda Ártabra
O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural que ten Galiza.
O grupo folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras que lle imprime aos directos un carácter tradicional.
A maior parte do repertorio que o grupo interpreta están compostas por eles mesmos.
Apostan por unha dobre vía que é coidar o que xa se ten pero tamén aportar material novo creando letras e melodías. Xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos son algúns dos ritmos que se poden distinguir nos seus concertos.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos