Banda tributo a Creedence Clearwater Revival en activo desde o ano 2000. Formada por músicos galegos e arxentinos. Cun disco editado o pasado ano, baixo o título CREEDENCELAND. Posúen un dos mellores directos e poden presumir de ser un dos mellores tributos a nivel europeo que se fixo nunca a CREDENCE CLEARWATER REVIVAL. A banda está formada por: José Ángel Colorado guitarra e voz principal, Luis Flaco Rousseu na guitarra solista e coros, Iño Cid no baixo e nos coros e Javier Fernández na batería.
Comezan a súa andaina presentando o seu espectáculo en directo no Forum Celticum do Burgo na Coruña, tras a cal se embarcan nunha frutífera aventura chea de concertos a cabalo entre Galicia e Madrid, que continúa na actualidade.
Fundaron este cuarteto antigos compoñentes de míticas bandas como Los Broncos, Colorado, Dani Bravo & Los Camaleones ou Peyotex, entre outras.
Actualmente LA GREEN RIVER BAND prepara un novo álbum con máis cancións de Creedence, que sen dúbida os distinguirá doutras bandas tributo a Creedence que existen arredor do mundo, xa que todo o álbum estará interpretado en español, a excepción dalgún que outro retrouso. Coidando e respectando ao máximo a versión orixinal e engadindo a Steel guitar do mestre Alvaro Lamas, xenio e pioneiro da Steel guitar en España, nalgunhas cancións, dando un toque persoal e frescura sen límite a este novo álbum de LA GREEN RIVER BAND. Cómpre salientar tamén neste novo traballo a colaboración doutro artista convidado de excepción, como é Pablo Martín, cantante e autor madrileño (La Tercera República, Gran Azul, etc). Así como tamén a colaboración do produtor e multinstrumentista Matías Matesanz, experimentado músico dos estudios e escenarios madrileños, a cargo dos teclados.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos