As orixes de Colorado remóntanse a febreiro de 1987, tras tres anos e diversos cambios na formación orixinal. En 1989, despois de participar no NOROESTE POP ROCK, editan o seu primeiro álbum en vinilo e cinta casete.
Baixo o selo Fonomusic, editan en 1994 “Al pie del cañón”, tamén en vinilo e casete. Xa no ano 1996 é a quenda do seu terceiro álbum, “Sheyla”. En 1997 aparcan o seu proxecto para dedicarse a novas aventuras musicais, máis persoais.
O seu regreso, con José Ángel á fronte e nova formación, confírmase en 2007, cun novo álbum, “Good Luck”, que sería recoñecido como o seu mellor traballo discográfico pola prensa especializada.
En 2015 editan o seu quinto álbum, “Aprende a vivir”, acompañado de diversas presentacións e algo de promoción para o seu seguinte disco, que se publica en 2017, “Al rojo vivo”, que contén algunha versión inédita gravada en vivo.
Xa en 2019 editan o seu último álbum ata a data, unha especie de recompilatorio, con algúns dos seus mellores temas de cada disco e varios temas inéditos.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos