Xandre Millet nado en Aguiño (Ribeira) no 1999, recibe formación musical dende curta idade formándose en diversos instrumentos. Pero foi con 15 anos, cando comeza a dar pequenos concertos polos bares da súa localidade para presentar as súas cancións.
Con 17 anos comeza a gravar o seu primeiro disco “Experiencias”, o cal estrea con 18 anos no 2017, do que tivo moi boa acollida grazas a súa canción “Alzarei”. O seu primeiro disco lévao a realizar concertos por diversas localidades da nosa comunidade e actuar en múltiples programas de radio e televisión.
No 2018 estrea a súa primeira panxoliña “Chega o Nadal”.
No verán do 2019 estrea a súa versión do tema “Adiós Ríos” de Rosalía de Castro.
En Decembro do 2019, saca o tema “Campás” co videoclip gravado na catedral de Tui.
En Xuño do 2020 lanza a canción co videoclip “Mariló a Cubana”. Esta canción baseada nunha historia real trata o tema da emigración e sobre todo homeaxea ás mulleres emigrantes. Este tema de novo recibe boa acollida e por primeira vez é máis escoitada en países como a Arxentina ou Uruguai.
En Abril do 2021 (en plena pandemia) e coa colaboración da Orquestra Sons realizan dende a casa unha nova e diferente versión de Alzarei.
En Xuño do 2021 lanza a súa versión do Himno Galego.
No 2022 e 2023 céntrase na gravación e producción do seu segundo disco “Moi Noso” o cal sae á luz no mes de Abril do 2023.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos