Adhara & Ritman
Adhara-Ritman
Adhara & Ritman

Adhara and Ritman é unha banda da Coruña, fundada por Adhara Caamaño e Tito Barbeito, que se caracteriza por fusionar as raíces do folclore galego co Rock&Roll e o R&B, primando a liberdade e o sentimento.

O seu primeiro disco autoproducido, “Libre Son” (2017), xurdiu da interpretación da lírica popular galega sen limitacións artísticas. Este traballo levounos a gañar o Concurso de Bandas de Cuac FM (2020) e a consolidarse tras numerosas actuacións por Galicia.

En 2020, despois do confinamento, publicaron “Por elas”, un disco producido por Arturo Kress (batería da banda) e composto por Adhara e Tito. Con 9 cancións, este traballo céntrase na figura da muller galega, inspirado en Rosalía de Castro e na tradición folclórica.

Tras centos de concertos, a banda anunciou o seu seguinte traballo, “A Xustiza Pola Man”, previsto para maio de 2024, cunha temática de loita social contra as inxustizas e un estilo musical cada vez máis definido.

Os membros da banda son:

Adhara Caamaño (“A Cuncheira de Sofán”): Vocalista, comprometida coa cultura galega, a tradición e a liberdade da muller, con Rosalía de Castro como referente.Tito Barbeito (“Tito Ritman”): Guitarrista, corista, compositor, arreglista e produtor cunha longa traxectoria en diversas bandas.Arturo Kress: Batería, produtor musical, compositor de bandas sonoras (gañador dun Goya) e xerente de Kress Estudio. Andrés Castro: Baixista, última incorporación, que aportou estrutura e solidez ao son da banda.

Conoce más sobre este artista

Spotify

Otros músicos