Paloma Suanzes
Paloma Suanzes

Empeza dende moi pequena a tocar a guitarra e cantar dun xeito autodidacta para logo buscar diferentes mestres de guitarra da comarca. A música é o seu xeito de comunicarse dende que ten uso de razón o que desperta nela as súas inquedanzas para buscar sempre experiencias e formación por ese camiño.

Formouse en Canto con Miro Moreira durante os anos de estudos universitarios en Santiago de Compostela. Nesta época decide empezar a súa andaina recorrendo tódolos pubs e salas de concerto de Galicia. Compoñendo as súas primeiras cancións que logo formarían parte do seu Disco Feitizo. Continúa despóis a súa formación en canto con Aida López quen lle axuda a preparar a proba de acceso ó conservatorio e unha vez dentro, formouse en Canto con Maria José Ladra en Coruña e con Diana Shomkieva e Lourdes Santos en Lugo.

Tamén recibe unha extraordinaria formación en dirección coral durante varios anos nos cursos Tamara Brooks onde recibe Clases de Julio Domínguez, Tamara Brooks, Irene Gómez Calado, Javier Busto, Isabel Mantecón e Kevin Smith entre outros (2008-2016).

Ó longo destes anos crece artísticamente buscando sempre novas perspectivas, explorando nas diferentes profesións musicais; cómo Docente, cómo Intérprete, cómo directora de coros e cómo compositora formandose así profesionalmente para o seu enriquecemento persoal.

Paloma Suanzes comeza o seu último traballo musical cunha nova formación: Maite Belón no piano, Sofía López coa Voz, Sabela Vázquez ao violoncello e Tania Capón ao violín.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Youtube
Página Web
Otros enlaces

Otros músicos