Sea Sons Festival nace da inquietude do músico José Saavedra, representante de artistas, quen desde moi novo sentiu gran paixón pola música e todo o que lle rodea. Creou no ano 2010 a Asociación Cultural Tres Por Cuatro, co fin de dar visibilidade a proxectos musicais, ofrecer actividades culturais variadas e realzar a música na cidade de Coruña, e con todo e a experiencia no ámbito cultural, no ano 2013 organiza Rosario Ourive Vocal, un proxecto que evolucionou ata transformarse en 2016 no Sea Sons festival para visibilizar os proxectos musicais de artistas emerxentes, cunha oferta dirixida a todo os públicos, desde infantil a un máis adulto.
O ano 2017 foi toda unha sorpresa, xa que se contou co apoio de Estudos Mans, a Deputación, o Concello da Coruña, managers e empresas do sector. Neste ano, a nosa idea é fusionar, vivir a experiencia da música desde os diferentes ámbitos, creando un espazo de encontro entre profesionais, músicos e empresas do sector, concertos en salas e ao aire libre polo que no 2018 convértese nun reto para o festival, xa que non só ofrecía concertos, senón que ademais promove xornadas para profesionais do sector, manager, produtoras, toda unha oportunidade para o panorama musical galego!
Otros Proxectos
A nosa historia…
Aftermovie Sea Sons 2019
Edición 2018
IV edición Sea Sons
- Ver todos los Proxectos