Erea Castro
Erea Castro

Nada nunha das fronteiras entre España e Portugal, esta cantante «raiana» ou «miñota», como así lle gusta que a definan, medrou escoitando a constante mestura musical que se producía entre ambas as fronteiras. 

O seu primeiro sinxelo, «Arraial», publicado en 2020, trae canda si unha xira cun espectáculo de hora e media a través do cal desmonta e desmitifica conceptos sobre a identidade asociada a españois, portugueses e galegos. 

Mediante a transformación de temas musicais consagrados da cultura de ambos os países, así como coa produción de temas propios nos que recolle elementos comúns da tradición e a etnografía luso-galaica, engade á devandita fusión a sonoridade do fado, do folclore miñoto e dos ritmos latinos, creando así un concepto de identidade sen fronteiras ao máis puro estilo ibérico. 

Arraial é a proposta coa que Erea Castro pretende facer transitar o público a través das emocións comúns a todos os seres humanos, reivindicando a universalidade da música como linguaxe e a identidade propia dos enclaves transfronteirizos.

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Youtube
Spotify

Otros músicos