Lydia Botana

Lydia Botana

Músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
Lydia Botana é Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña e o Grado Profesional de percusión.

 

 

De aquí para alá é unha proposta musical e teatral para público infantil
e familiar interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo que
agora conta cun libro-disco coas cancións deste conto publicado en
2015 pola editorial Cumio.
 
“De aquí para alá” é un proxecto de música
infantil no que viaxamos arredor do mundo
aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar
facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de
novos sons!
 
SINOPSE 
A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo
mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno
que vive en África e está moi triste.
 
Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por tódolos
continentes, mostrando as distintas t r a d i c i ó n s , b a i l e s , m ú s i c a ,
instrumentos, fauna, flora…tratando de espertar o interese pola música e as
culturas doutros lugares valorando a diversidade e por suposto, respectándoa, dun
xeito divertido.
 
Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando
unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son
cubano, o reggae, o ska… ao mesmo tempo que Bolboreta vai conseguindo máis
cores nas súas ás grazas á música!
Unha divertida aventura na que a música, os instrumentos e as cores son os
protagonistas cos que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e
aprendendo ó mesmo tempo.
 
Esta historia representa dalgún xeito que a felicidade non está só na fin, senón na
forma de facelo camiño, coa música sempre coma compañeira de viaxe, nunca nos
sentiremos sós, sempre cara adiante.
LIGAZÓNS DE INTERESE:

http://lydiabotana.com/

https://www.facebook.com/LydiaBotanaMusic

https://www.youtube.com/user/LydiaBotana

 

 

      

 

 

 

 

 

Follow by Email
Facebook