Sheila Patricia
Sheila Patricia

Sheila Patricia é unha destacada cantante e compositora galega que conquistou a miles de ouvintes tanto en España coma en Latinoamérica e o norte de Portugal coa súa fermosa voz. Actualmente percorre diferentes e variadas cidades presentando o seu disco “El camino de los sueños” e o adianto do seu próximo traballo en galego. O seu estilo orixinal e fresco é o que máis destaca desta brilante compositora, onde apreciamos fortes influéncias do folk, o fado, o jazz e o folclore latinoamericano.

Sheila Patricia defínese no xénero “World Music” mostrando elegancia e sensibilidade, ademais de transmitir unha grande enerxía nos seus concertos. O concerto é unha viaxe de enerxías, emocións e experiencias diferentes en cada momento. “El camino de los sueños”, do que falamos anteriormente, é unha magnífica peza gravada en vivo, especialmente para aqueles amantes do Jazz e os seus derivados.

Sheila Patricia presenta “O mar” co que dá saída ás súas novas músicas en galego, nas que mistura o son máis puro da súa formación (Piano, guitarra, baixo eléctrico e batería), con efectos de música electrónica, loops e pedais, dando un son máis experimental/fusión ás súas composicións. (O espectáculo ten unha duración de uns 75 minutos. Estilo: World music/Folk/Canción de autor/Chill out)

Conoce más sobre este artista

Facebook
Instagram
Spotify
Página Web
Otros enlaces

Otros músicos