Hai poetas emigrados, hai poetas exiliados e hai poetas nados en Sudamérica. Os que volveron, os que morreron lonxe, os que nunca deixaron de estrañar a súa patria.
Trashumar é ir en busca dunha terramellor e iste traballo quere traer
de volta a riqueza da lingua galega sementada na diáspora.
A compositora Miriam Sandoval sabe, pola súa propia experienciaque a terra que nos recebe inflúe na banda sonora vitalporque “nada escapa á vibración”
Partindo desta vivencia comeza a xogar cos sones autóctonos e a fantasear coa posibilidade de mergullármonos na paisaxe sonora dos poetas na inmigración.
Polo que dende o ano 2015 a artista está a recompilar poemas, datos biográfificos e xeográfificos, explorando as sonoridades e buscando arranxos musicais que embriaguen as palabras cos cheiros daqueles lugares onde os inspirados galegos xeraron a súa obra poética.
Esta é a proposta innovadora que marca a diferenza con outros traballos de adaptación de poemas e que pon de manifesto a versatilidade do galego como lingua integradora ao fusionarse de xeito natural con ritmos e cadencias que a priori lle son alleos.
Conoce más sobre este artista
Otros músicos