Alann Bique Folk

ALANN     BIQUE      QUARTET

“Unha agrupación de música folk-celta cunha longa traxectoria”

20 anos ofrecendo concertos e convidando a degustar ao público
unha “queimada” (un anaquiño da nosa terra que elaboran como colofón musical).

 

 

Sinopse
Concerto musical

Alann Bique Quartet ofrece un repertorio de 70 minutos (aproximadamente) propio das augas atlánticas cunha docena de instrumentos no escenario.

 

 

Traxectoria:

Alann Bique comeza as súas andanzas no ano 1999, e ao longo destes anos contou coa participación de xentes de distintas nacionalidades e estilos musicais, dando como resultado un folk novo e diferente do habitual, onde conviven diversidade de xéneros nos que por exemplo se atopa o clásico e o rock.

Ademais dun estilo que vai máis aló do folk, fusionouse con pinceladas de teatro creando grandes espectáculos como «O Conxuro» no ano 2004, ou « Noite meiga, noche de brujas» que foi tan demandado que perdurou ata o ano 2009. No 2010 con motivo do ano xacobeo creouse «Camiños a Santiago» con excelentes  críticas.

No ano 2011 estreouse «La mano del tiempo». Espectáculo baseado no seu segundo traballo musical, que se ofrece nun pack único e exclusivo que consta dunha obra literaria (novela) na que se inclúe o disco.

Para o 2018, « The Great Eastern» puxo en escena novo repertorio e o mellor destes anos de experiencia.
Neste 2020, preséntase tamén en versión cuarteto para chegar a máis espazos musicais.

 

 

Dossier fotográfico: http://www.alann-bique.net/dossierfoto13.pdf

Facebook: https://www.facebook.com/alannbiquefolk

videos:

http://youtu.be/JtIN_Ytwvcs

http://youtu.be/mnwxoF4fPCU

http://youtu.be/xS1f725vKbg

http://youtu.be/T2PNnWNyaDc
Follow by Email
Facebook