NANI NOAM VAZANA

Nani Noam Vazana é a primeira artista orixinal en Ladino do mundo. Durante o 2022 foi programada para tocar en polo menos 38 escenarios importantes incluíndo o Richmond Folk Festival (EUA), o Montana Folk Festival (EUA), Alter Oper Frankfurt (Alemaña) e Vrije Geluiden (Paises Baixos).

Nani representou aos Países Baixos no Festival de Música Europea en Vietnam, actuou no Kennedy Center (EUA), no Jodhpur RIFF Festival (India), Jazzahead (Alemaña), APAP (EUA), North Sexa Jazz (Países Baixos), Roccella Jazz (Italia), TEDx (Países Baixos), ademais de organizar 3 panele s en WOMEX.

A compañía de televisión NPO lanzou un minidocumental sobre o traballo music ao de Nani en 2018, e Nani compuxo música para documentais da devandita compañía televisiva, así como da BBC4. Nani é actualmente profesora na London Performing Academy of Music, preside o Amsterdam Artist Collective e é fundadora do Why DIY Music.

O ladino é unha lingua matriarcal e, polo tanto, hai moitos diálogos nai-filla. Nani creceu en Israel, pero foi estudar a Amsterdam. É cantante, trombonista, pianista e directora e actúa por todo o mundo. O ladino era a lingua dos xudeus sefardís da diáspora. A avoa marroquí de Noam aínda falaba desta lingua, pollo que Nani ten raíces ladinas, é unha lingua que aprecia moito, o ladino esra realacionado co castelán e era falado por xudeus en España, Portugal e Marruecos.

Última modificación: 09/11/2022

Comentarios

Escribe una respuesta o comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.