Os Viqueiras

Grupo de música folk tradicional, interpretan pezas do seu último disco “VILAVERDE”, nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o Gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe. As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e gardan a esencia da tradición máis pura pero arranxadas co seu toque personal. “Os Viqueiras” proxectan unha nova forma de ver a música e os sentimentos, adaptan harmonías e utilizan ritmos e percusión cun vocabulario máis amplo, proxectando moita forza, alegría e gañas de bailar.

Última modificación: 10/05/2021

Comentarios

Escribe una respuesta o comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.