Samudra Trio nace da inquietude de facer unha proposta diferente ao estereotipo de recital de cámara.
Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito sam (unión) e udra (auga), Samudra (समुद्र) significa “unión das augas”. Así mesmo nesta agrupación, mimetizamos esa fusión de tres aguas, tres timbres e tres mulleres intérpretes
Elas son Laura, Jimena e Yamini e uniron os seus camiños para amosar unha nova visión da música de cámara no panorama galego cunha formación pouco común. Desde as súas orixes e vivencias, xurden os sons que conforman os tres timbres, cos que buscan explorar nas súas posibilidades sonoras, dos seus instrumentos musicais: vento, corda e tecla. Frauta, cello e piano.
Provindo dunha formación e dunhas experiencias musicais moi diversas, Samudra Trio nace do diálogo, da escoita e da curiosidade.
Comentarios