Quinteto Invento

Quinteto InVento é un grupo de música de cámara que xorde, en primeiro lugar, debido á longa amizade entre os seus compoñentes, músicos profesionais galegos de sólida formación, que compartiron experiencias na EAEM de Galicia e a Orquestra Nova da OSG, e remataron os seus estudos en prestixiosas escolas europeas.
Na actualidade compaxinan a súa actividade como grupo coa docencia e as regulares colaboracións con agrupacións profesionais, especialmente coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal da Coruña.
O Quinteto Invento comeza a súa andaina a finais do ano 2013. Dende entón teñen actuado en boa parte da xeografía galega, adicándose tanto ó repertorio tradicional de quinteto como á música contemporánea, pasando polos espectáculos didácticos e outros proxectos propios.
Nos últimos tres anos InVento ten soado en espazos como a Sala de Cámara do Pazo da Ópera da Coruña, Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Teatro Principal de Pontevedra, Catedral de Tui, Liceo de Ourense, Museo de Arte Contemporáneo da Coruña, Paraninfo da UDC , Hostal dos Reis Católicos, Parlamento de Galicia, etc.

Última modificación: 04/04/2020

Comentarios

Comenta o responde a los comentarios

Tu dirección de correo no será publicada.