Pirilampo

Pirilampo somos un grupo de música infantil, que utiliza o privilexiado espazo da canción para desenvolver un proxecto que ten posto o seu punto de mira na educación dos máis pequenos. Para iso, ó longo dos nosos 4 proxectos discográficos, puxemos o foco sobre diferentes aspectos da nosa realidade: a cidade, a natureza, a educación vial, relacións interpersonais.. Somos un grupo grande e aberto, colaboramos con persoas, entidades, institucións.. no noso último traballo “Lucecús” que verá a luz a finais de ano baixo o auspicio da editorial Galaxia, colaboramos con dúas destacadas personalidades da música galega, e no noso primeiro traballo xa comenzaramos colaborando co coro de voces brancas da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Última modificación: 05/04/2020

Comentarios

Comenta o responde a los comentarios

Tu dirección de correo no será publicada.