Nelson Quinteiro presenta a posta en escena do disco “Músicas de Domingo” (Inquedanzas Sonoras, 2019), que será presentado peza a peza, nun combo formado por Brais González ao piano, Nelson Quinteiro á voz, percusión, pedais e ukelele e a colaboración especial do acordeonista Álvaro Cardalda e co valor engadido de instalarmos un piano de cola Yamaha C3 en directo.
Comentarios