Lydia Botana

Músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
Lydia Botana é Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña e o Grado Profesional de percusión.

De aquí para alá é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo que agora conta cun libro-disco coas cancións deste conto publicado en 2015 pola editorial Cumio.

“De aquí para alá” é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons! 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por tódolos continentes, mostrando as distintas tradicións, bailes, música, instrumentos, fauna, flora…tratando de espertar o interese pola música e as
culturas doutros lugares valorando a diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito divertido.
Última modificación: 06/04/2020

Comentarios

Escribe una respuesta o comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.