Alann Bique Quartet

Alann Bique Quartet comeza as súas andanzas no ano 1999, e ao longo destes anos contou coa participación de xentes de distintas nacionalidades e estilos musicais, dando como resultado un folk novo e diferente do habitual, onde conviven diversidade de xéneros nos que por exemplo se atopa o clásico e o rock. Ademais dun estilo que vai máis aló do folk, fusionase con pinceladas de teatro creando grandes espectáculos como «O Conxuro» no ano 2004, ou « Noite meiga, noche de brujas» que foi tan demandado que perdurou ata o ano 2009. No 2010 con motivo do ano xacobeo creouse «Camiños a Santiago» con excelentes  críticas. No ano 2011 estreouse «La mano del tiempo». Espectáculo baseado no seu segundo traballo musical, que se ofrece nun pack único e exclusivo que consta dunha obra literaria (novela) na que se inclúe o disco. 
Para o 2018, « The Great Eastern» puxo en escena novo repertorio e o mellor destes anos de experiencia. Neste 2020, preséntase tamén en versión cuarteto para chegar a máis espazos musicais.

Última modificación: 17/06/2020

Comentarios

Comenta o responde a los comentarios

Tu dirección de correo no será publicada.