2naFronteira

2020 CENTENARIO NÓS
Concerto-Exposición
“Arredor de Nós”
2naFronteira
Carmen Penim-Maurizio Polsinelli

Contextualización:

O 30 de outubro do 2015 2naFronteira estreaba no Liceo de Ourense, coa presencia do alcalde da cidade, D. Jesús Vázquez, Sons de Nós, un disco que quería ser unha homenaxe á gran revista Nós e ás Irmandades da Fala.
Moitas foron as entrevistas, reportaxes en prensa e moitos os concertos de 2naFronteira ó longo do 2016, en compañía da violinista Carmen Gallego e o percusionista Miguel Paz.

Foi un disco que naceu co apoio da Xunta de Galicia (Cultura e Política Lingüística), quen tamén colaborou no concerto de presentación na Coruña no teatro Colón. Foron ademais interpretados temas deste disco en ocasións tan importantes como a entrega do premio Otero Pedrayo a Xosé Neira Vilas na Deputación de Pontevedra. Falouse pois, moito deste disco e, o que é máis importante, falouse da revista Nós e dos autores que nela escribían.

Agora responden ó compromiso adquirido daquela co centenario do 2020 e abordan unha importante renovación do repertorio sobre a revista Nós que complementan cunha atractiva e orixinal exposición divulgativa sobre a mesma con breve guía didáctica.

Última modificación: 03/04/2020

Comentarios

Comenta o responde a los comentarios

Tu dirección de correo no será publicada.