VENERANDA DIES ENSEMBLE

La imagen puede contener: 1 persona

Grupo especializado en Música Antiga/Medieval creado en Toledo no ano 2005 polo multi-instrumentista Fernando Mosquera.

En 2020 presenta o seu novo traballo discográfico, “Os Trobadores do Rei”, xusto cando cumpre o seu 15o Aniversario. Por iso trátase dun álbum moi significativo na súa carreira, que se presentará cunha xira moi especial e que contará coas colaboracións de varios artistas de recoñecido prestixio internacional.

“Os Trobadores do Rei” é froito dunha investigación de máis dous anos de
Fernando Mosquera, que estudou in situ, na rexión do Languedoc, a música realizada por trobadores occitanos durante a Cruzada contra os Albiguenses (cátaros) a principios do século XIII. Para iso, o álbum e os concertos desenvólvense como unha viaxe dun grupo de trobadores que, obrigados polas circunstancias da Cruzada, deciden fuxir desde Carcassonne até o Reino de León utilizando o Camiño de Santiago.

O director do Ensemble, Fernando Mosquera, encargouse da investigación e arranxos de todas as pezas do repertorio, nas que se interpretan preto de 50 instrumentos diferentes.

 

 

Nos concertos, ·Veneranda Dies Ensemble· desenvolve toda a súa sabedoría
musical interpretando o repertorio empregando as técnicas e instrumentos réplica da Idade Media. Ademais, a presentación de cada peza en concerto realízase con explicacións dentro do máis estrito sentido histórico, político e social da época, pero dunha forma amena e distendida para o público. Fernando Mosquera crea co público un vínculo próximo e persoal, explicando detalles curiosos da música e das historias que representan.

·Veneranda Dies Ensemble· é un grupo que trata de ser fiel reflexo do espírito trobador conseguindo un crisol de culturas co que dar exemplo de harmonía: non en balde este Ensemble está formado por músicos procedentes de  España, Sudán, Siria e Israel.

Enlaces de interés:

·Veneranda Dies Ensemble·, a Banda Sonora da Idade Media

Más info en su dossier.