No Auditorio do Museo de Belas Artes de A Coruña (preto Zalaeta), o vindeiro 15 de Marzo de 2015 as 12:30h. estrearáse a escenificación de «Os Teus Ollos». Traballo que contribúe a celebración do «Primeiro PICASSO» con motivo do 120 aniversario da primeira exposición do pintor en A Coruña. Entrada de balde ata completar aforo.
Coa dirección artística de D. Julio Cabo Messeguer, a presencia do Coro de Cámara «Statu Variabilis» e a colaboración da Asociación Cultural Tres por Cuatro, esperamos ofrecerlles unha posta en escea desta obra que temos feita para a satisfacción do público amante do arte en memoria do intemporal «Picasso». Moitas grazas.