Mosquera Celtic Band

·Mosquera Celtic Band· presenta en 2020 o seu novo traballo discográfico, ·TERRA·,

o terceiro da súa traxectoria, xusto cando cumpre o seu 10º Aniversario. Por iso trátase

dun álbum moi significativo na súa carreira, que se presentará cunha xira

moi especial  que contará coas colaboracións de máis de 15 artistas de recoñecido

prestixio internacional, tanto dentro como fóra da Música Folk/Celta.

Resultado de imagen de MOSQUERA CELTIC BAND

·TERRA· é froito dunha investigación de máis dous anos de Fernando Mosquera,

que estudou in situ a conexión atlántica da Música Celta Europea co

Bluegrass/Hillbilly Americano. Para iso mergúllase nas moitas causas que

provocaron a emigración irlandesa e escocesa cara á EE.UU. e a posterior conquista

do Oeste Americano. Serán un álbum e unha xira que non deixará indiferente a ninguén…

Fernando Mosquera, multi-instrumentista capaz de tocar na actualidade preto de 50

instrumentos diferentes, é músico, compositor, produtor musical titulado e

enxeñeiro de son. Todas as cancións que forman ·TERRA· son da súa autoría,

polo que se trata do seu álbum máis persoal.

É un dos poucos músicos que existen capaz de tocar nun mesmo concerto

gaitas galegas, uilleann pipes irlandesa e great Highland bagpipes escocesa,

xunto con zanfona, asubíos, ocarinas, tin e low whistles, frautas de pico ou harmónicas.

A ·Celtic Band· está formada por 5 músicos, algúns deles tamén multi-instrumentistas,

que lle permiten desenvolver un repertorio que engloba desde a música

máis tradicional ou purista, até a fusión co pop americano máis actual.

Ademais, Fernando Mosquera crea co público unha relación próxima e persoal,

explicando detalles curiosos da súa música e das historias que representan.

Resultado de imagen de MOSQUERA CELTIC BAND

Fernando Mosquera realiza composicións tanto instrumentais como cancións cantadas en castelán, galego e inglés.

Tanto el como a súa banda tiveron o pracer de colaborar, en directo ou nalgún dos seus álbums, con artistas da talla de “Gwendal”, Carlos Núñez, “Luar Na Lubre”, Hevia, Kepa Junkera, Glen Velez, John McSherry, Rosa Cedrón, Pancho Álvarez,Michael McGoldrick, Dónal O’Connor, Miguel Ríos, “El Sherpa”, “Korrontzi Folk”, Vicky Gastelo, Mª José Hevia,Jesús Cifuentes (“Celtas Cortos”), Gillebrìde McMillan, Ciara McCrickard, Àdhamh Ó Broin,  Cuco Pérez, Wafir Sheik Gibril,Ido Segal,  a Banda de Gaitas “Lume de Biqueira” e o grupo vasco “Sorginak”.

Desde a súa creación, esta banda realizou numerosos concertos e xiras internacionais, participando en programas de radio e TV tocando sempre en estrito directo.

                               

·Mosquera Celtic Band·, o despertar da Lenda Celta…