CARMEN PENIM

CANTOS DE TERRA E SAL
 
Con cancións propias e versións de cantos tradicionais da nosa terra nunha clave fresca, moi orixinal e vital, Cantos de terra e sal supón unha reinterpretación das cancións máis coñecidas da nosa  tradición e outras máis recentes que se incorporaron á nosa memoria musical. Podería calificarse de fusión, pero en realidade, gústanos dicir que a etiqueta que distingue este traballo é a orixinalidade e a calidade. Un concerto emotivo e participativo.
A pesar de ser un novo repertorio da cantante, xa foi levado con moito éxito a Pitôes das Júnias (Portugal), a Ourense (concello), a Montalegre (cámara municipal, Portugal) e a Monforte (Congreso Internacional de Historia da Educación), lugares nos que estrearon parcialmente o traballo e que poden dar conta das reaccións positivas do público presente.
 

 


O repertorio está constutuído por dous núcleos: arranxos para temas moi coñecidos, como Lela, Camariñas, etc. e un segundo núcleo de resoancias máis enxebres procedentes dos cancioneiros da Baiza Limia, Foxo (Caurel e Bierzo) e Barrié. Sendo que se reinterpretan algunhas cantigas do cancioneiro do Caurel e de Oencia, algunha canción tén partes en castelán ou é íntegra esta língua (máximo de 3 pezas do CD).

Nos seguintes enlaces pódese acceder a un dossier e audios do novo traballo.