Lenda Artabra

Lenda Ártabra

O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural que ten Galiza. O espectáculo ten unha duración de entre 90 min. e 120 min. 
O grupo folc ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras que lle imprime aos directos de Lenda Ártabra un carácter tradicional.
A maior parte do repertorio que o grupo interpreta están compostas por eles mesmos. 
Apostan por unha dobre vía que é coidar o que xa se ten pero tamén aportar material novo creando letras e melodías. Xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos son algúns dos ritmos que se poden distinguir nos concertos de Lenda Ártabra.