Dibassi Duet

Unha proposta diferente con una agrupación diferente. Dous instrumentos xeralmente á marxe dos concertos de solista e das salas de concerto, xúntanse para transportar á audiencia a distintas estéticas, a distintos mundos sonoros.

DiBassi Duet está formado por Julio Pastor Sanchis (Contrabaixo Principal da Orquestra Sinfónica de Castela e León e contrabaixo titular da Gustav Mahler Jugendorchester) e  Antonio Romero Cienfuegos (contrabaixista, compositor e pedagogo).  Comezan a súa andaina no 2016 e xa teñen realizado varios concertos na capital do estado dentro de festivais como “Noches de Verano de Cibeles”.

A súa proposta baséase en música orixinal para dúo de contrabaixos e abarca distintos estilos. Pretenden acercar o contrabaixo a todo tipo de público, de aí que abrangan dende o barroco ao Rock Californiano pasando pola música contemporánea e o jazz.

http://musicarte.gal//?page_id=1460

 

 

13716042_276391769387490_6226783106221895666_n

13681000_285314818495185_2249505863272265705_n